Certificación forestal e cadea de custodia en Lugo
“Os recursos e as terras forestais deberían ser obxecto dunha ordenación sostible a fin de atender ás necesidades sociais, económicas, ecolóxicas, culturais e espirituais das xeracions presentes e futuras”. (Principios para un consenso mundial respecto da ordenación, a conservanción e o desenvolvemento sostible dos bosques. Documento aprobado na Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente e o Desenvolvemento. Río de Xaneiro, 1992).
Certificación forestal e cadea de custodia
En Torres Forestal existe un compromiso manifesto cunha xestión das masas forestais que asegure a súa persistencia no tempo e que permita que estas poidan seguir cumplindo o seu papel fundamental nos distintos ciclos ecolóxicos.
Do mesmo xeito, queremos estar en condicións de garantir a trazabilidade da madeira, controlando todas as fases do proceso que comeza ca súa extracción do monte e remata coa entrega na industria de destino. É por iso que concentramos os nosos esforzos na definición e documentación dun sistema de xestión da cadea de custodia conforme ós estándares dictados polo Programme for the Endorsement of Forest Certification (PEFC) e polo Forest Stewardship Council (FSC), o cal implantamos e mantemos dende fai máis de cinco anos.